Estás en > Mis repoelas > Colaboraciones

 

FLORES EN AMORES


DNa vistosidade das flores,
arrecendo que rezuman,
cativado das súas cores,
lenedade que perfuman,

Te congratulas ó agasallar,
mostrando con elas amor,
regálaas para pode-las tocar,
ulir no seu fragante olor,

Se es xerado da bondade,
baga ti eres , de enxebre amor,
dame albizaras en beldade,
da natureza feita flor,

Dame floriñas da herba,
do verxel, dame unha flor,
non daquela , nen só verba,
baleiro, mirrado verdor,

Dame esas flores miúdiñas,
desas que abrollan nas brañas,
na sinxeleza belidas,
acuguladas de flamas,

Dame unha vermella rosa,
inda seiroxa ela sexa,
por seres ela fermosa,
pola lenda que carrexa,

Dame flores ti en vida,
non agardes a que eu morra,
fórxame estada fulxida,
cando se tolde de sombras,

Non me deas logo flores,
dame sentidas lembranzas,
ora ledas, ora en dores,
veramente das entrañas,

Dame flores ti en vida,
unha soa ben me abonda,
da bonhomía quen ti aniña,
se salferida reborda,

Xustiñamente nese intre,
ca magoada me estrulla,
de luctuosa ela se viste,
na caldexada burbulla,

Dame esas feituras en flor,
que halen polos meus azos,
afastándome desa dor,
coligada ós desazos,

Dame abondosas relúas,
unha floritura no amor,
doce prezada feitura túa,
do teu cerne, baga de amor,

Dame presiñas de flores,
das orelas dos camiños,
as dos valados que atopes,
polos idos tempos luídos,

Dame mestas choridas,
sexan xestas, sexan toxos,
engalana a miña vida,
coa natura ó seu antoxo,

Dame flores das carpazas,
dame candeas do millo,
dame flores devaladas,
vagantías do seu brillo,

Dame un sopro de ti mesmo,
unha chanza de amizade,
esa mirada en aceno,
de nobre complicidade,

Dame a man sen coñecerme,
dame teus sorrintes saúdos,
podes sen saber deschoerme,
de escuro foxo varudo,

Cunhas tenras mans alleas,
na moleza moi amorosas,
as aferrolladas cadeas,
desaferróllan-se soas,

Decatándote que eu miro,
de malpocada maneira,
que mirando nada miro,
adoita ti unha angueira,

Se-lo áureado adobío,
na miña mirada aflixida,
cadrelando ditosos feitíos,
coas mágoas recónditas,

Flores en maneiras eu quero,
a tanxe-las con cariño,
en livor meu corpo quedo,
nen sequera un só taliño,

Unha mirada de candor,
doces pregos con fervor,
ladaíñas Ó NOSO SEÑOR,
á bagaxe do meu labor

Poemas de Ana Arias Saavedra
Pimer poema~ : ~Poema anterior ~ : ~ Siguiente poema
 

MATEMÁTICAS Y POESÍA: CASI TODO LO SUFICIENTE PARA VIVIR



Página publicada por: